A Xunta apela ao espírito do Consello Económico e Social para afrontar a situación actual provocada pola covid-19 desde a unidade e o consenso

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, asistiron esta mañá en Santiago de Compostela á toma de posesión do novo secretario xeral do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Manuel Martínez Varela.

Na súa intervención, Conde apelou ao espírito do CES para afrontar a situación actual provocada pola covid-19 desde a unidade, o consenso e os acordos de máximos, ao tempo que subliñou que a contribución desta institución será moi valiosa á hora de deseñar a Galicia de 2030, unha Galicia máis dixital, máis verde e máis social. Neste sentido, Valeriano Martínez subliñou que os orzamentos para 2021 que se están tramitando no Parlamento, incorporan un Fondo Consenso, de 115 millóns de euros, para pactar entre os grupos parlamentarios, o diálogo social e os expertos económicos, proxectos de investimentos para reactivar Galicia.

Imaxes relacionadas