Alfonso Rueda participa na presentación do libro 'A Catedral dos Camiños. Unha biografía da igrexa de Santiago'

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde no Pazo de Xelmírez na presentación do libro “A Catedral dos Camiños. Unha biografía da igrexa de Santiago”. Trátase dunha obra compilatoria da evolución do templo e da súa relación coa cidade compostelá e o Camiño de Santiago, apoiada pola Xunta.

Alfonso Rueda destacou na súa intervención que o Xacobeo 2021 terá á Catedral como protagonista e será o mellor dos Xacobeos posibles. Ademais, incidiu en que suporá unha oportunidade para a reactivación do sector turístico tras o impacto da crise sanitaria da covid-19. Ao acto tamén acudiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Imaxes relacionadas