A Xunta colabora cos concellos de Ribeira de Piquín e A Fonsagrada para o acondicionamento do vial que une dous núcleos de ambos concellos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado da xunta en Lugo, Javeir Arias comprobaron hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras do acondicionamento do camiño entre Outariz e Piñeira, nos concellos de Ribeira de Piquín e A Fonsagrada que recibiron conxuntamente unha achega da Orde de Infraestruturas de uso público de 50.000 euros

Segundo explicou a directora xeral, as axudas son para a mellora do vial que comunica os núcleos de Outariz e Piñeira nun tramo de 2,6 qm, nos que se levou a cabo a limpeza das cuneta así como o acondicionamento e rasanteo do firme, xa que presentaba múltiples deficiencias que dificultaban a circulación de vehículos.

Durante a súa visita, Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

Os concellos de Fonsagrada e de Ribeira de Piquin, recibiron respectivamente 1,2 millóns e 740.000 euros, nos últimos anos, en actuacións de saneamento, iluminación ou na dotación de equipamentos para ambos concellos. Trátase de melloras financiadas polo Goberno galego mediante acordos ou subvencións como o Fondo de Compensación Ambiental, que este ano conta cun orzamento de 12,5 millóns de euros, ou a Orde de Infraestruturas de uso público, que na convocatoria deste exercicio dispón de 4 millóns de euros, un millón máis que o ano pasado.

Imaxes relacionadas