A Xunta e o Consello da Cultura Galega reforzarán a súa colaboración nos novos retos estratéxicos neste ámbito

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse hoxe, por primeira vez nesta lexislatura, coa Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega (CCG), xuntanza na que se acordou reforzar a colaboración entre as partes para abordar os novos estratéxicos no eido da cultura nos próximos anos.

Neste sentido o conselleiro salientou a importancia do CCG como organismo consultivo e diante de desafíos de tanta relevancia no eido cultural como o Xacobeo 2021, a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade ou leis fundamentais que ten o Goberno sobre a mesa neste ámbito, como é o caso da lei de Museos, que o mércores será debatida no Parlamento. Así mesmo, Román Rodríguez reafirmou o apoio do seu departamento á actividade do CCG o vindeiro ano, marcada polo 800 aniversario do nacemento de Afonso X o Sabio.

Imaxes relacionadas