A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade mantivo unha xuntanza de traballo coa rexedora de Forcarei, Verónica Pichel

Ethel Vázquez trasládalle á alcaldesa de Forcarei que antes do vindeiro verán os menores de 21 anos do municipio poderán viaxar gratis no autobús interurbano coa tarxeta Xente Nova

Vázquez Mourelle indica que os veciños de Forcarei tamén poderán utilizar en 2021 a tarxeta TMG, coa que accederán a descontos do 10% sobre o prezo do billete

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, á que lle trasladou que antes do vindeiro verán, os menores de 21 anos deste concello poderán viaxar gratis no autobús interurbano da Xunta coa tarxeta Xente Nova.

Vázquez Mourelle explicoulle á rexedora que os veciños de Forcarei tamén poderán utilizar en 2021 a tarxeta TMG, coa que accederán a importantes bonificacións nas tarifas. Precisoulle que os usuarios deste dispositivo se poden beneficiar de descontos do 10% sobre o prezo do billete.

Estes incentivos enmárcanse nos novos contratos do Plan de Transporte Público de Galicia, que supón a reordenación de todas as liñas de autobús dependentes da Administración autonómica, que estará culminada a finais de ano.

A conselleira tamén lle comunicou á alcaldesa que o vindeiro ano os concellos se poderán adherir á Área de Transporte de Galicia, que suporá o reforzo das bonificacións, seguindo o esquema das actuais Áreas de Transporte Metropolitano.

Neste caso, os viaxeiros que efectúen no mes un determinado número de desprazamentos, cos mesmos termos municipais de orixe e destino, tamén sumarán unha bonificación por recorrencia ou por ser membros de familias numerosas.