A Xunta publica no DOG a convocatoria o día 19 de decembro das probas para o desempeño das funcións de xestor de transporte

Os exames realizaranse no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, cumprindo coas medidas de prevención fronte á covid-19

As probas efectuaranse por quendas, en xornada de mañá e de tarde, segundo o tipo de exame a renovar ou obter: transporte interior e internacional de viaxeiros ou transporte interior e internacional de mercadorías
 

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se convoca vindeiro día 19 de decembro as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada.


Estas probas obrigatorias de competencia profesional realizaranse no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, cumprindo coas medidas de prevención fronte á covid-19.


As probas efectuaranse por quendas, en xornada de mañá e tarde, segundo o tipo de exame a renovar ou obter: transporte interior e internacional de viaxeiros ou transporte interior e internacional de mercadorías. No seguinte enlace ao DOG pódense consultar os horarios das probas: https://xurl.es/valef

Covid-19

Dadas as circunstancias especiais orixinadas por mor da covid-19, será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, tanto no exterior como no interior das instalacións.

Os aspirantes non poderán acceder ao edificio ata que un membro do tribunal comece o chamamento. Para evitar aglomeracións, solicítase que só se presenten a cada hora as persoas que vaian realizar a proba correspondente a ese horario.

Imaxes relacionadas