O DOG publica a relación de entidades beneficiarias das axudas para o desenvolvemento de proxectos de mellora da calidade da auga das traídas veciñais, cun investimento de 550.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de conceder nesta primeira convocatoria 54 axudas, dirixidas á mellora dos sistemas de abastecemento xestionados por comunidades de usuarios

Do total de axudas, 51 foron concedidas a comunidades de usuarios da provincia de Pontevedra, 2 da provincia da Coruña e 1 da provincia de Ourense

Nos proxectos subvencionados propóñense melloras nos sistemas de tratamento da auga, con actuacións nas infraestruturas de almacenamento e análises da auga para comprobar a súa calidade

Estas axudas financian o 80% do importe das actuacións, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto

Os Orzamentos de Augas de Galicia reservan para o 2021 unha partida de 500.000€ para seguir mellorando estes sistemas de traídas propios de abastecemento no rural galego, onde se estima que dan servizo a unha poboación de 600.000 persoas