A Xunta agradece o labor dos voluntarios de Protección Civil con mais de 97.000 operativos dende o inicio da pandemia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, indicou que o voluntariado tivo e ten un papel fundamental pola súa forte implantación e cercanía á veciñanza

Lembrou tamén que dende a Xunta dotouse aos concellos con case 220 vehículos, mais de 130 remolques de emerxencia e mais de 130 terminais de radiocomunicación, entre outro material, por un importe total de mais de 10M euros nos últimos anos

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2020

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva agradeceu hoxe o traballo dos voluntarios de Protección Civil con máis de 97.000 operativos realizados desde o pandemia, destacando o reparto de alimentos e medicamentos, as visitas a persoas que viven soas e a desinfección de lugares de pública concorrencia.

Segundo indicou hoxe o director xeral, o voluntariado de protección civil tivo e ten un papel fundamental na resposta as grandes emerxencias en apoio aos profesionais pola súa forte implantación e cercanía á veciñanza. Desde o momento en que se activou o Plan de Emerxencia de Galicia estes servizos estiveron mobilizados para axudar e colaborar coas autoridades de Protección Civil.

Santiago Villanueva indicou que todo isto foi posible, en boa medida, grazas á colaboración da Xunta cos concellos dotándoos de case 220 vehículos, mais de 130 remolques de emerxencia e mais de 130 terminais de radiocomunicación, entre outro material, por un importe total de mais de dez millóns de euros nos últimos anos.

O material cedido a través de ordes de axudas e convenios responde ao obxectivo de que todas as Agrupacións conten por un lado co equipamento imprescindible para o seu funcionamento, entre o que compre destacar vehículos todoterreo e remolques de emerxencia, e por outro lado con material específico para a atención das emerxencias mais probables no seu territorio.

Neste ano 2020, seguindo co esforzo inversor realizado en anos anteriores e tendo en conta o importante papel que os servizos de emerxencia, tanto profesionais como voluntarios, realizaron e continúan a realizar como consecuencia da pandemia xerada pola COVID-19, a Xunta de Galicia continuou co apoio aos concellos con servizos de protección civil, a través dunha orde de axuda para financiar os gastos de funcionamento por importe de 340.000 euros e unha orde de dotación de material por un importe total de 932.400 euros en base a cal se cederán aos concellos 8 vehículos todo terreo tipo pick-up, 12 remolques para a atención ás emerxencias, 37 tendas de campaña para emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle) con clasificación T1b, 12 coitelas para retirada de neve, 12 esparexedores de sal e 4 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.


A formación das Agrupacións é un alicerce fundamental para que estas podan levar a cabo o seu traballo. De aí que a pesar das dificultades que a pandemia está a xerar para poder levar a cabo a formación dun xeito presencial como se viña facendo, especialmente en cursos que requiren de exercicios prácticos con moito contacto entre docentes e alumnos e entre os propios alumnos como poden ser cursos de primeiros auxilios, non deixamos de innovar potenciando a formación en liña con recursos didácticos innovadores para para lograr que os voluntarios e voluntarias adquiran as coñecementos, capacidades, habilidades e destrezas necesarias para o desenvolvemento das súas funcións.

A tal fin, a Academia Galega de Seguridade Pública, no ano 2021 continuará programando actividades formativas dirixidas exclusivamente ao colectivo do voluntariado de protección civil potenciando a formación on line de calidade grazas as novas tecnoloxías.