O director xeral de Emerxencias e Interior preside a Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión da Comisión de coordinación de Policías Locais de Galicia, na que tamén participou a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.

No encontro abordouse o novo proxecto de decreto de coordinación de policías locais que a Xunta prevé aprobar para actualizar todos os aspectos que requiran actualización e integrar toda a normativa nesta materia. A Comisión de coordinación que se reuniu hoxe é un órgano consultivo, formado por representantes da Xunta, dos concellos e das asociacións e sindicatos dos corpos de policías locais.

Imaxes relacionadas