A conselleira do Mar recibe unha obra de temática mariñeira cedida polo pintor Paco Casal

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, recibiu hoxe de mans do pintor Paco Casal unha obra de temática mariñeira que o artista decidiu ceder á Xunta de Galicia para a súa xestión, xesto que a titular de Mar, agradeceu como unha homenaxe ao sector marítimo-pesqueiro galego. Deste xeito, o cadro pasa a integrar a Colección de Arte do Executivo galego.

O cadro, que mostra unha imaxe do mar nunha zona costeira de Galicia, é o resultado do traballo dun artista dedicado ás artes plásticas desde o ano 2008. Paco Casal, nado en Ferrol en 1956 pero que reside en Ribeira desde 2005, leva presentado numerosas obras nos últimos exercicios e realizou diferentes exposicións pola comarca do Barbanza nas que os asistentes puideron ver as súas creacións.

Imaxes relacionadas