A Xunta de Galicia propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público para 2020 máis de 2.500 prazas de acceso libre

O maior número de prazas concéntrase na escala de axentes técnicos facultativos con 539 prazas na especialidade de xardín de infancia; e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais con 484 prazas, das que 476 son para a especialidade de persoal de limpeza e cociña

Inclúense tamén 395 prazas de promoción interna e 3.404 prazas para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo

Imaxes relacionadas