Trenor traslada aos directores dos centros públicos que Galicia traballa para blindar a calidade e a cultura do esforzo

A Coruña, 25 de novembro de 2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá nun encontro de traballo cos representantes da Asociación de Directores de Colexios Públicos da provincia da Coruña que preside Antonio Leonardo Pastor, para analizar a aplicación da nova lei educativa, coñecida como lei Celaá, así como para analizar o desenvolvemento do curso escolar. No encontro trasladoulles que o Goberno da Xunta está traballando para blindar a calidade, a equidade, a igualdade de oportunidades e a cultura do esforzo no sistema educativo galego de xeito que a aplicación da lei Celaá −que lembrou que foi tramitada sen contar coas comunidades autónomas− non implique unha merma dos resultados exitosos acadados ata o de agora.

Trenor explicou que a Xunta non vai cambiar o seu modelo educativo, baseado na aposta pola calidade académica, o respecto e a convivencia, tal como avala, entre outros, o último informe PISA, con resultados por riba da media do sistema educativo de España, de Europa e da OCDE, e coa metade do abandono escolar de hai unha década (pasando do 26% en 2009 ao 12,6% en 2019). O delegado da Xunta insistiu, ademais, en que temos unha riqueza lingüística que queremos manter a través do noso modelo educativo, baseado no bilingüismo harmónico, e seguiremos diferenciando entre aprobar e suspender.

Imaxes relacionadas