A Agasp leva a cabo unha xornada de formación sobre investigación de incendios, furtivismo e medio ambiente para os axentes da Policía Autonómica

A xornada foi inaugurada polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario da UPA, Jorge Rubal, inauguraron esta mañá as xornadas sobre investigación de incendios, furtivismo e medio ambiente que se celebrarán ao longo do día de hoxe e maña na sede da Academia, dirixidas ao persoal da UPA.

O director xeral de Emerxencias e Interior destacou na súa intervención o importante labor que na loita contra o furtivismo e a investigación de incendios levan a cabo o persoal da Unidade de policía autonómica en Galicia, con destacadas intervencións e a súa presenza constante.

Ao longo destes días, recibirán formación especializada na realización de atestados. En coordinación coa Consellería do Medio Rural, un profesional deste departamento explicou o traballo que desenvolven os axentes das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIFF) xunto cos medios técnicos que empregan na vixilancia e investigación de incendios, tales como drons ou as 120 cámaras que están repartidas por todo o territorio galego.

Tamén se tratará a visión da fiscalía e da xudicatura, con casuística propia. Pechará as xornadas cunha ponencia o maxistrado Jose Antonio Vázquez Taín.