O secretario xeral de Cultura demanda ao Goberno do Estado medidas concretas de apoio ao sector como as establecidas pola Xunta no seu plan de reactivación

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, demanda ao Goberno do Estado que articule medidas concretas e específicas de apoio ao sector cultural na liña das establecidas no Plan de reactivación do sector cultural da Xunta de Galicia, dotado con máis de 26 M€. Así o expuxo hoxe na reunión da Comisión sectorial de Asuntos Culturais, na que participan o Goberno e as CCAA, e na que se abordou, entre outros, o impacto da crise sanitaria no sector cultural.

Imaxes relacionadas