Trenor supervisa o remate das obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira

Estas actuacións, contaron cun orzamento de case 50.000 euros, e tiveron un prazo de execución dun mes

Neste tramo da estrada levouse a cabo o fresado e a extensión dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente

A intervención completa a renovación das beirarrúas e a rede de pluviais acometidas neste treito, cun orzamento de case 250.000 euros
 

Ribeira (A Coruña), 21 de novembro de 2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, supervisaron o remate das obras de mellora do firme na estrada AC-550, no treito entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L, por un importe de case 50.000 euros, tiveron un de execución dun mes.

Os traballos consistiron no fresado e na reposición do firme no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 107+320 e 107+850.

A intervención completa ás rematadas obras no treito que vai de Padín a Deán Pequeno, onde se renovaron as beirarrúas e a rede de pluviais, cun orzamento de case 250.000 euros.

Neste tramo da estrada levouse a cabo a citada extensión dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

A Xunta continúa traballando no mantemento e conservación da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade e potenciar o desenvolvemento económico e social.

Imaxes relacionadas