A Xunta remata a senda peonil entre o albergue de peregrinos e o centro de Ordes, cun investimento superior aos 640.000 euros

A senda esténdese pola marxe dereita da estrada AC-524, entre os puntos quilométricos 0+500 e 2, dándolle continuidade ao itinerario xa existente

O itinerario conecta coa pousada dos peregrinos e une os centros educativos da zona, os pavillóns polideportivos e os locais comerciais e industriais

A Xunta continúa traballando a prol da mellora de seguridade viaria e fomentando a mobilidade sustentable nas estradas autonómicas

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de execución dunha senda peonil entre o albergue de peregrinos de Poulo e o centro de Ordes, cun investimento superior aos 640.000 euros.
O itinerario esténdese pola marxe dereita da estrada autonómica AC-524 no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+500 e 2, dándolle continuidade ao itinerario xa existente.

Esta actuación ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na zona, separando o tráfico peonil do tráfico rodado e fomentar unha mobilidade máis segura, sustentable e respectuosa co medio.

O novo treito conecta coa pousada de peregrinos e permite unir outros focos de atracción como os centros educativos IES Nº1, o colexio Alfonso Rodríguez Castelao, os pavillóns polideportivos ou os locais comerciais.

A Xunta continúa traballando a prol da mellora de seguridade viaria e fomentando a mobilidade sustentable nas estradas autonómicas.

Imaxes relacionadas