A Xunta avanza co Ministerio de Xustiza na modernización e adaptación dos órganos xudiciais aos efectos da covid-19

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe nunha reunión de coordinación entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas para avanzar na modernización e adaptación da Administración de Xustiza aos efectos da covid-19.

No encontro de hoxe abordouse a posibilidade de poñer en marcha un protocolo común en todo o Estado que permita a actuación coordinada ante os distintos escenarios e situacións extraordinarias que poidan xurdir durante a evolución da covid-19. Tamén se tratou a opción de implantar unha nova aplicación informática nos rexistros civís exclusivos, así como a aposta por que os fondos europeos do mecanismo de recuperación e resiliencia se destinen no ámbito da xustiza a iniciativas tecnolóxicas destinadas á modernización e dixitalización nas actuacións xudiciais.

Imaxes relacionadas