A Xunta entrega os premios das Catas de Galicia correspondentes á Denominación de Orixe Rías Baixas

Este ano participaron un total de 116 mostras pertencentes a 46 adegas inscritas a este selo de calidade

O vindeiro día 19 na Cidade da Cultura entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco, cumprindo estritamente as medidas sanitarias pola covid-19

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

Representantes da Consellería do Medio Rural desprazáronse esta tarde á sede da Denominación de Orixe Rías Baixas para facer entrega dos premios das Catas de Galicia relativas a este selo de calidade. Detallamos a continuación os gañadores das distintas categorías:

D.O. RÍAS BAIXAS

Viños brancos

 

MARCA PREMIADA E ADEGA

1º POSTO E ACIO DE OURO

DAVIDE – ENOTURISMO ACHA, S.L.

2º POSTO E ACIO DE PRATA

NOELIA BEBELIA. ADEGA SAN SALVADOR DE SOUTOMAIOR, S.L.

3º POSTO E ACIO DE BRONCE

DAVILA – ADEGAS VALMIÑOR, S.L.

 

COLLEITEIRO E PEQUENAS ADEGAS BRANCO
 

MARCA PREMIADA E ADEGA

1º POSTO E ACIO DE OURO

LAGAR DA CACHADA – RICARDO ABAL PADÍN

 

COLLEITAS ANTERIORES BRANCO

 

MARCA PREMIADA E ADEGA

3º POSTO E ACIO DE BRONCE

TERRA DE ASOREI 2018.-TERRA DE ASOREI, S.L.

 

ELABORACIÓNS CON MADEIRA BRANCO

 

MARCA PREMIADA E ADEGA

2º POSTO E ACIO DE PRATA

VICIUS – VIÑA ALMIRANTE, S.C.G.

 

ESPUMOSOS
 

MARCA PREMIADA E ADEGA

1º POSTO E ACIO DE OURO

GUNDIAN Albariño BRUT– ADEGA VALDÉS, S.L.

Así, cabe sinalar que nas Catas de Galicia deste ano participaron un total de 348 mostras, 125 de tintos e 223 brancos, pertencentes a 143 adegas. No tocante á denominación de orixe Rías Baixas, participaron 116 mostras pertencentes a 46 adegas.

Ademais, este xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Imaxes relacionadas