A Xunta investirá máis de 846.000 euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca do Barbanza

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo financia este tipo de traballos con cargo ás ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas

Noia (A Coruña), 14 de novembro de 2020.- O

delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, supervisaron o resultado das obras de instalación dunha pérgola no parque infantil de Labarta, executadas cunha axuda a orde de Infraestruturas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación contou cunha achega da Xunta de máis de 27.000 euros e mobilizou cerca de 40.000 euros, foi executada polo propio Concello.


Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través das ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas repartíronse máis de 846.000 euros en 18 proxectos na comarca do Barbanza.


Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.


Entre as actuacións máis importantes destacan os case 200.000 euros aprobados en Mazaricos para soportes de contedores, a construción dunha aula da natureza, a mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral e limpeza de camiños rurais e os 79.000 aprobados para Porto do Son para obras de abastecemento en Portosín.


Trenor destacou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial”.
 

 

FONDO COMPENSACIÓN AMBIENTAL
 
CONCELLO
OUTROS CONCELLOS
PROXECTO
AXUDA
Boiro
 

Renovación de conducións, bombeos e equipos de medida de ETAP

31.230,25
Boiro
 

Adquisición de contedores xenéricos de 800 litros para a mellora dos puntos de reciclaxe na parroquia de Cespón

3.235,66
Carnota
 
Fondo de compensación ambiental en Carnota 2020
61.165,17
Lousame
 
Ampliación do saneamento en Filgueira
18.534,90
Lousame
 
Reformas varias no local social de Lesende
13.315,17
Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza

Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son, Rois

Adquisición contedores para recollida de residuos para o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza

83.634,47
Mazaricos
 

Subministración de soportes para contedores de recollida de RSU, caseta prefabricada de madeira para aula da natureza, mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral polivalente, actuacións de roza mecanizada e limpeza de estradas, pistas e camiños rurais

197.029,60
Muros
 

Adquisición dun vehículo dedicado á protección do ambiente e do espazo natural

55.792,40
Outes
 
Programa de protección ambiental 2020
37.069,80
Pobra do Caramiñal, A
 
Fondo compensación ambiental A Pobra 2020
63.931,59
Porto do Son
 

Mellora na rede de abastecemento de auga potable de Portosín: Tubería de distribución xeral. Fase 1 (depósito de cabeceira-núcleo de Valcunqueiro)

79.308,13
Rianxo
 

Compra de subministros para o abastecemento dunha illa perimetrada de recollida selectiva de residuos no parque "A Martela"

7.413,93
Ribeira
 
Instalación de rede de pluviais na rúa do Carreiro (Aguiño)
6.975,44
TOTAL
   

658.636,51

         
 
 

ORDE INFRAESTRUTURAS

 

ENTIDADE
SOLICITANTE

PROXECTO
ORZAMENTO
AXUDA

Noia

Pérgola cuberta no parque infantil de Labarta

39.999,99
27.999,99

Pobra do Caramiñal, A

Parque infantil cuberto do Camiño Ancho
83.017,59
40.000,00

Porto do Son

Reforma e mellora da planta 2ª do concello para a mellora das condicións da Concellaría de Servizos Sociais

60.920,81
40.000,00

Rianxo

Dotación de cuberta sobre parque infantil na urbanización da Martela, Rianxo

65.822,15
40.000,00

Ribeira

Melloras nas instalacións deportivas da Fieiteira

86.349,05
40.000,00
TOTAL
336.109,59
187.999,99

Imaxes relacionadas