A Xunta entrega os premios das Catas de Galicia correspondentes á denominación de orixe Valdeorras

Este ano participaron un total de 48 mostras pertencentes a 18 adegas inscritas a este selo de calidade

O vindeiro día 19 na Cidade da Cultura entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco, cumprindo estritamente as medidas sanitarias pola covid-19
 

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Representantes da Consellería do Medio Rural desprazáronse esta tarde á sede da Denominación de Orixe Valdeorras para facer entrega dos premios das Catas de Galicia relativas a este selo de calidade. Detallamos a continuación os gañadores:

 

D.O. VALDEORRAS
 

MARCA PREMIADA E ADEGA

1º POSTO E ACIO DE OURO
Viños brancos

O LUAR DO SIL – PAGO DE LOS CAPELLANES, S.A.

1º POSTO E ACIO DE OURO
Viños tintos

ALAN DE VAL. ALAN, S.A.T.

Así, cabe sinalar que nas Catas de Galicia deste ano participaron un total de 348 mostras, 125 de tintos e 223 brancos, pertencentes a 143 adegas. No tocante á denominación de orixe Valdeorras, participaron 48 mostras pertencentes a 18 adegas.

Ademais, esta tarde tamén se entregarán os premios das DO Ribeira Sacra, mentres que o luns farase a entrega de acios á última denominación de orixe vitivinícola, a das Rías Baixas. Xa para rematar, o xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.
 

Imaxes relacionadas