A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao Concello de Nigrán

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Juan Antonio González Pérez, os temas relacionados coa Administración galega

Nigrán (Pontevedra), 12 de novembro de 2020

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, no marco das visitas institucionais que está a realizar tras tomar posesión como nova representante do Goberno autonómico na cidade.

No encontro, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de analizar temas relacionados coa Administración galega e que son prioritarios para este concello en materia de educación, saneamento ou sanidade, entre outros. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades desta localidade que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas