A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Cangas

A representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Xosé Manuel Pazos, temas de interese para o municipio e avaliou posibles vías de colaboración

Cangas (Pontevedra), 10 de outubro de 2020

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, no marco das visitas institucionais que está a realizar tras o seu nomeamento como representante do Goberno autonómico na área territorial.

No encontro, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de analizar temas relacionados coa Administración galega e que son prioritarios para este Concello en materia de educación, saneamento ou sanidade, entre outros. Así, durante a xuntanza as representantes autonómica e local fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades desta localidade que dependen da Xunta de Galicia, e incluso avaliaron posibles vías de colaboración coas que mellorar os seus servizos.

Imaxes relacionadas