Os conselleiros de Sanidade e Educación reúnense para detallar o funcionamento da nova unidade da Central de Seguimento de Contactos dedicada á comunidade escolar

A CSC Escola comezará a funcionar a vindeira semana e atenderá aos centros escolares galegos

Esta acción enmárcase nas medidas postas en marcha pola Xunta para seguir mellorando a seguridade nas aulas fronte á covid-19

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

A Xunta de Galicia porá en marcha nos vindeiros días unha unidade específica para atender aos centros escolares no seo da Central de Seguimento de Contactos (CSC). Unha iniciativa, froito da intensa colaboración entre os departamentos de Sanidade e Educación, co obxectivo de facer un seguimento da covid-19 máis axustada á realidade educativa e para reforzar, aínda máis, a seguridade sanitaria nos centros.

Esta mesma mañá, os conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantiveron unha xuntanza para detallar o funcionamento desta nova unidade da CSC.

Desde a Xunta avalíase continuamente a situación para que os centros educativos sigan a ser lugares seguros. Neste sentido, subliñar a posta en marcha de recursos coma a aplicación Educovid e os Covid-auto escola para facilitar a realización de probas de detección do virus tanto aos alumnos coma ao persoal vencellado ao centro escolar.

Imaxes relacionadas