O director da Agacal participou esta tarde no inicio das catas das augardentes e licores tradicionais de Galicia

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, participou esta tarde na sesión de cata das Augardentes e Licores Tradicionais, no marco das Catas de Galicia que se están levando a cabo esta semana no hotel A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela.

Así, procederase a catar un total de 25 mostras amparadas polas indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais da nosa comunidade. Neste caso, oito son de augardente de Galicia, sete de licor de herbas, sete de licor café, dúas de augardente de herbas e unha de augardente envellecida. Do mesmo xeito que se fixo coas catas dos viños, recolléronse as mostras en envases idénticos -neste caso de 3/8 de litro-, dada a gran diversidade de botellas utilizadas na comercialización deste tipo de bebidas. Deste xeito, tamén resulta imposible recoñecelos e identificalos, asegurando a máxima rigorosidade e anonimato no proceso de catas.
 

Imaxes relacionadas