Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de 2,7 millóns de euros en axudas para áreas de rehabilitación

Poderán beneficiarse destas axudas os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazadas no ámbito das ARI que as rehabiliten, así como os propios concellos para actuacións de urbanización e reurbanización das ARI

Os concellos aos que se reparten fondos teñen actualmente convenios en execución por importe de preto de 17,5 millóns de euros

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

Con data de hoxe asináronse os convenios polo que se reparten os fondos correspondentes a áreas de rehabilitación integral entre os 17 concellos que solicitaron participar neste reparto.

A partir deste momento, serán os concellos os encargados de realizar as convocatorias públicas para que os propietarios de vivendas emprazadas no ámbito das áreas de rehabilitación poidan presentar as súas solicitudes.

Este ano repártense preto de 2,7 millóns de euros entre 25 áreas de rehabilitación emprazadas en 17 concellos. O reparto realizouse en función das solicitudes presentadas pola administración local e tendo en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

 

CONCELLO
ÁREA
TOTAL €
BETANZOS
Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección
100.430,00
CORCUBIÓN
Conxunto histórico de Corcubión
100.430,00
FERROL
Barrios histórico A Magdalena e Ferrol Vello
332.750,00
NOIA
Conxunto histórico de Noia
48.400,00
RIANXO
Rianxo, Rianxiño e A Fincheira
62.536,16
SANTIAGO
Casco histórico de Santiago de Compostela
65.925,00

Grupos de vivendas "Compostela e Cardeal Quiroga Palacios" do Barrio de Pontepedriña

115.725,00
Barrio de Vite
151.100,00
LOURENZÁ
Casco antigo de Lourenzá e zonas de respecto
48.400,00
MONDOÑEDO

Casco histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños

190.465,65
MONFORTE
Conxunto histórico e zonas de respecto no concello de Monforte de Lemos
100.430,00
SOBER
Concello rural de Sober
48.400,00
CASTRO CALDELAS
Centro histórico de Castro Caldelas
48.400,00
OURENSE

Casco histórico de Ourense

245.550,00
Núcleo de Seixalbo
87.200,00
RIBADAVIA

Casco histórico de Ribadavia

108.550,00

Casco antigo de San Cristovo de Ribadavia

48.750,00
VILAR DE SANTOS

Núcleo de Vilar de Santos

48.400,00
PONTEVEDRA

Conxunto histórico de Pontevedra

292.921,73
Núcleo de Estribela
39.828,27
TUI
Casco histórico de Tui
48.400,00
VIGO
Casco Vello de Vigo
118.830,00

Casco histórico de Bouzas

85.760,00

Grupo de Casas Santa Clara. Cabral

9.672,00

R/Bueu-Moaña, Polígono de Coia

118.488,00
TOTAL
2.665.741,81

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Os dezasete concellos aos que se reparten fondos con cargo aos obxectivos de 2020 teñen actualmente en execución convenios asinados en anos anteriores, cunha dotación total que se aproxima aos 17,5 millóns de euros no seu conxunto.

 

A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
CONCELLO
IMPORTE €
CONCELLO
IMPORTE €
CONCELLO
IMPORTE €
CONCELLO
IMPORTE €
Betanzos
575.817,14
Lourenzá
205.124,57
Castro Caldelas (CH)
171.045,89
Pontevedra
1.911.469,84
Corcubión
322.866,79
Mondoñedo
674.086,70
Ourense (CH)
1.227.825,38
Tui
200.445,27
Ferrol
2.655.509,50
Monforte
322.075,40
Ribadavia
417.180,72
Vigo
5.191.453,71
Noia
324.023,50
Sober
711.991,30
Vilar de Santos
203.071,42
 
 
Rianxo
144.051,22
 
 
 
 
 
 
Santiago
2398545,54
 
 
 
 
 
 

Actualmente Galicia conta con 69 áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos ademais das ARIs dos Camiños de Santiago, que comprende 126 concellos das catro provincias galegas, a ARI das Illas Atlánticas, que afecta a catro municipios e a ARI da Ribeira Sacra, que comprende 25 concellos.

Imaxes relacionadas