A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiulle hoxe un escrito á Administración local
A Xunta trasládalle ao concello de Poio a súa disposición para instalar unha marquesiña na estrada PO-308, á altura de Raxó
A Dirección Xeral de Mobilidade procederá ao subministro do refuxio, unha vez que o Concello acredite a disposición dos terreos necesarios
A Xunta indícalle ao Concello que deberá asumir a titularidade das instalacións
Con esta actuación o Goberno galego dá resposta á asociación veciñal A Laxe, que solicitou un refuxio para a parada de autobús na zona de Fonte Maior
A intervención enmárcase no Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte da Xunta, que prevé a instalación de 150 novas marquesiñas na comunidade
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020.- A Xunta trasládalle ao Concello de Poio a súa disposición para instalar unha marquesiña na estrada PO-308, á altura de Raxó.
A Dirección Xeral de Mobilidade remitiulle hoxe un escrito á Administración local para comunicarlle que se procederá ao subministro do refuxio, unha vez que se dispoña dos terreos necesarios.
Nesta misiva, a Consellería de Infraestruturas solicítalle ao Concello de Poio que remita a documentación relativa aos terreos, así como a acreditación do compromiso de asumir a titularidade das instalacións.
Con esta actuación, a Xunta dálle resposta á asociación veciñal A Laxe, que solicitou un refuxio para a parada de autobús na zona de Fonte Maior.
Esta intervención está enmarcada no Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte, co que o Goberno galego disporá máis de 150 novas marquesiñas na comunidade.
No marco da mellora da estrada PO-308 ao seu paso polo municipio de Poio realizada pola Xunta, xa se teñen instalado 7 marquesiñas nas paradas de autobús para servizo dos veciños.