A Xunta participa na reunión de coordinación co Estado en materia de violencia de xénero

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza por videoconferencia coa delegada do Goberno contra a violencia de xénero, Victoria Rosell, para abordar, entre outros, os novos estudos e investigacións presentados nesta materia. Xunta e Estado veñen mantendo quincenalmente reunións para loitar de xeito coordinado contra esta lacra social.

Así, nestas reunións dáse conta das actuacións que se levan a cabo neste ámbito e se fai un seguimento das medidas incluídas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o período 2018-2022, das que a Xunta xa ten desenvolvidas un 56%. Na xuntanza de hoxe, entre outros asuntos, a representante do Estado presentou os últimos informes realizados na materia como son a macroenquisa de violencia contra a muller 2019 e os estudos sobre menores e violencia de xénero e sobre mulleres vítimas de violencia de xénero no mundo rural.
 

Imaxes relacionadas