O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Vilamartin de Valdeorras e co alcalde dos Blancos

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

Ourense, 22 de outubro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasións, reuniuse co alcalde do Concello de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, e co alcalde do Concello dos Blancos, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

No caso do municipio de Vilamartín de Valdeorras, os principais asuntos que repasaron foron en materia de abastecemento, infraestruturas e turismo. Neste último caso, o delegado destacou recentes inversións na mellora das infraestruturas turísticas así como de camiños municipais.

No caso dos Blancos, o delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor, José Manuel Castro, temas prioritarios para o municipio en materia de política social, reestruturación parcelaria e abastecemento, entre outros.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas