As obras de pavimentación da praza das Airas no Barco de Valdeorras poderán comezar este mesmo mes

A empresa adxudicataria vén de asinar o contrato que permite o inicio dos traballos para a canalización da rede de alumeado e comunicacións e de tendidos aéreos para evitar o impacto visual

Tanto a praza das Airas, coas as rúas próximas, presentan un estado deteriorado, debido a distintas reposicións por actuacións puntuais moi anteriores

A intervención enmárcase dentro do Plan hUrbe, un programa autonómico que no período 2010-2018 permitiulle á Xunta participar con 125 municipios na execución de 200 proxectos urbanísticos, aos que se sumaron 90 máis só o ano pasado
 

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020-

As obras de pavimentación da praza das Airas, no Concello do Barco de Valdeorras, poderán comezar este mesmo mes; despois de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a empresa adxudicataria desta actuacións asinaran o contrato. A actuación, adxudicada por un importe de case 90.000 euros, consiste na canalización e soterramento dos servizos aéreos na Praza das Airas e nas rúas das Airas e do Forno, coa pavimentación da praza e das rúas colindantes mediante adoquinado de granito.

Para isto será preciso demoler e retirar case 200 m2 de pavimento de formigón existente na zona, colocar unha nova rede de alumeado e das redes de comunicación, así como os tendidos aéreos na zona, para reducir o impacto visual destas infraestruturas.

A zona da Praza das Aira, e as calles próximas encóntranse cun aspecto moi deteriorado, debido ás distintas reposicións do mesmo material noutras actuacións puntuais anteriores e ao longo das fachadas seguen a decorrer de xeito aéreo o cableado dos servizos de alumeado, enerxía e comunicacións.

Así, con esta intervención completarase a urbanización que se recolle no Plan Especial de Reforma Interior do Casco Antigo do núcleo do Barco de Valdeorras, que recolle actuacións -xa executadas- na Rúa real e San Roque, así como na Rúa San Mauro.

A materialización deste tipo de proxectos urbanísticos a nivel municipal contribúe a mellorar a calidade de vida dos veciños e a dinamizar determinadas zonas. Ademais, dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación das vilas e cidades galegas, establecendo lazos de colaboración cos municipios en proxectos que buscan mellorar e potenciar espazos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos. Así mesmo, tamén son un instrumento eficaz para axudar a frear o despoboamento rural, xa que potencian as infraestruturas, os servizos e os equipamentos públicos a disposición da veciñanza.

A obra que comezará este outono no Concello do Barco de Valdeorras enmárcanse dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Xunta para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.