A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibe ao director do centro ocupacional da fundación Igual Arte

Vigo, 21 de outubro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe no seu despacho de Concepción Arenal ao director do centro ocupacional da Fundación Igual Arte, Marcos Estévez Vila.

No encontro, a representante autonómica na área territorial tivo a oportunidade de analizar as necesidades e inquietudes que lle manifestou por parte deste colectivo ao tempo no que se comprometeu a darlles traslado á Consellería competente, co obxectivo de avanzar nelas. Asemade, puideron abordar posibles novas liñas de colaboración.

Ambos coincidiron na importancia que supoñen as artes plásticas como ferramentas de expresión comunicación e desenvolvemento persoal e social na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.

Parte deste traballo o exemplifican as ilustracións dos libros editados pola Fundación Igual Arte como o de “La Misión Extraterreste de Memi” que Estévez Vila mostrou á delegada como exemplo do traballo que realizan no centro ocupacional artístico. Pola súa banda, Fernández-Tapias puxo en valor a calidade do deseño e a importante labor que esta a desenvolver este colectivo.

Esta reunión enmarcase na rolda de contactos iniciada por Marta Fernández-Tapias con colectivos sociais e axentes económicos tras tomar posesión como a nova delegada do Executivo autonómico na cidade.
 

Imaxes relacionadas