A delegada territorial da Xunta en Vigo visita Asetranspo

Vigo, 20 de outubro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a sede da Asociación de Empresarios do Transporte de Pontevedra (Asetranspo) no marco da rolda de contactos iniciada pola representante autonómica tras a súa toma de posesión cos axentes sociais e económicos da área.

Tras unha visita ás instalacións, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de reunirse con parte do equipo directivo da asociación e escoitar algún dos asuntos que preocupan á organización empresarial que, tal e como recordou a delegada, aglutina a un nutrido grupo de empresas do transporte de mercadorías por estrada.

Na reunión estiveron presentes o presidente da asociación, Ramón Alonso (Dalot), Pablo Dóniz (Grúas Dóniz), Fernando Barros (Barros Parderrubias) , Manuel Rodríguez (Ánfora), Rosa María Álvarez (Altrans), José Mañas (PMA) e a xerente de Asetranspo María de la Cruz Álvarez.
 

Imaxes relacionadas