O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción

Este encontro enmarcase dentro das reunións que o novo delegado está a manter con representantes das distintas asociacións da provincia.

Ourense, 20 de outubro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro recibiu esta mañá ao Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense, Santiago Ferreiro.

O delegado mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Ferreiro Pérez, no cal intercambiaron impresións de primeira man para coñecer as necesidades do sector, e avaliar as posibilidades de colaboración en materia de formación.

Imaxes relacionadas