A Xunta adxudica a modificación do plan de sectorización e a redacción do proxecto de urbanización do polígono de Lalín

Xestur Galicia destinará 111.450 euros a redactar ambos documentos urbanísticos

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019

A Xunta de Galicia investirá 111.450 euros na modificación do plan de sectorización e na redacción do proxecto de urbanización da cuarta fase do parque empresarial Lalín 2000, emprazado no concello pontevedrés de Lalín e promovido pola empresa pública Xestur.

O Consello de Administración de Xestur acaba de adxudicar á empresa Iceacsa consultores inmobiliarios S.L.U. o devandito contrato, que prevé un prazo de execución para os traballos de 18 meses.

Coa modificación do plan de sectorización increméntase a superficie de parcelas ata 196.890 metros cadrados (actualmente estaban previstos 154.317,12 metros cadrados). Ademais establécese unha ordenación en dous ámbitos: o superior para uso industrial conectado co parque empresarial existente, e o inferior para uso terciario sobre a estrada.