A Xunta agradece á Federación de Librarías o compromiso coa Feira do Libro de Ourense que arranca hoxe de xeito virtual

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración telemática tras ser cancelada a convocatoria presencial pola situación sanitaria

Ata o sábado promoveranse en redes sociais os libros que terían que ser presentados na feira e as librerías da cidade os amosarán nos seus escaparates

Ourense, 7 de outubro de 2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Ourense que, con motivo da situación sanitaria actual, finalmente tivo que ser celebrada de xeito virtual, ao igual que a feira.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade agradeceu á Federación de Librarías o seu esforzo por redefinir e reformular este evento demostrando, dixo, o seu gran compromiso coa cultura e co sector do libro de Galicia cun evento que contribúa a seguir animando ao consumo literario e que conta co apoio da Xunta.

Así, desde hoxe e ata o sábado, as 12 librerías que ían participar na feira de xeito presencial promoverán os libros desde os seus escaparates. Ademais, nas horas previstas das presentación subirase ás redes sociais da Federación de Librerías de Galicia unha imaxe e un texto do libro que debería ser presentado de modo presencial.

A cita contará con 26 presentacións e terán presenza as librerías A Nova, Nobel Internacional, Káthedra, La Librería CYC, La Viuda, Lúa, Malleira, Padre Feijóo, Platero, Punto e coma, Queixumes, Zampacontos.