A AXEGA leva a un cento de centros escolares o seu programa de divulgación para o bo uso do número de emerxencias 112

Para esta actividade, a Axencia Galega de Emerxencias apóiase novamente nos Bolechas co fin de achegar á poboación infantil a información necesaria para usar de forma correcta e eficaz o servizo telefónico de atención ás emerxencias

Máis dun cento de centros educativos recibirán a partir de hoxe a visita destes personaxes, que, mediante representacións teatrais e obradoiros, explicarán á cativada como e en que casos chamar ao 112

Con esta actuación, complétase un programa de divulgación para o público infantil, que puxo en marcha a AXEGA durante estes meses e componse da publicación de libros, unha web educativa e obradoiros nas escolas

Imaxes relacionadas