A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe cos alcaldes dos respectivos municipios, Xosé Antonio Sánchez Bugallo e Rafael Sisto, o convenio para manter este servizo aos veciños do barrio de Teo
A Xunta e os concellos de Santiago de Compostela e de Teo renovan a prestación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos
O acordo hoxe rubricado permite manter estas expedicións que realiza desde 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago
Esta conexión entre a capital galega e a urbanización dos Tilos faise coa extensión das liñas 6 e 12 do transporte urbano
A liña 6 opera de luns a venres, de 7 a 22:50 horas, cada 20 minutos; os sábados, de 7:20 a 23 h.; e os domingos, de 7:30 a 23 h, cada 30 minutos
A liña 12, entre Os Tilos e os hospitais de Santiago, presta os servizos de luns a sábados laborables, desde as 7:15 ás 15:05
A Xunta, no marco do Plan de Transporte Público, incorporou novas conexións en autobús entre Teo e A Estrada
Tamén a principios de ano se mellorarán as comunicacións desde o centro de Santiago cara ás parroquias de Teo e de Ames, coa creación dunha liña circular
A Xunta e os Concellos de Santiago de Compostela e de Teo acordan a renovación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe cos alcaldes dos respectivos municipios, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, e de Teo, Rafael Sisto, este acordo de colaboración.
Coa sinatura deste convenio dáselle continuidade a estas expedicións que vén prestando desde o ano 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago de Compostela.
As viaxes aos Tilos lévanse a cabo nas mesmas condicións que calquera servizo de transporte urbano, en canto ás tarifas, aos descontos, ás frecuencias, aos horarios ou ás características dos vehículos.
Esta conexión en autobús entre a capital galega e a urbanización dos Tilos vénse desenvolvendo mediante a extensión das liñas 6 e 12 do transporte urbano.
A liña 6, entre San Marcos e Os Tilos, opera de luns a venres laborables, desde as 7 horas ata as 22:50 horas, cada 20 minutos. Os sábados, as viaxes efectúanse entre as 7:20 e as 23 horas, e os domingos, entre as 7:30 e as 23 horas, cada 30 minutos.
A liña 12, entre Os Tilos e os hospitais de Santiago, presta os servizos de luns a sábados laborables, desde as 7:15 ás 15:05.
Estas dúas rutas de transporte urbano realizan paradas nas rúas Ameneiro, Castiñeiro, Carballo e Bidueiro, na citada urbanización.
A Xunta continúa traballando na transformación do mapa de transportes da comunidade, que culminará a finais de ano. Neste sentido, o novo Plan de Transporte Público xa está a permitir a prestación de novas conexións en autobús entre os municipios da Estrada e Teo.
Ademais, coas novas concesións que entrarán en funcionamento a principios de ano, poranse en marcha melloras nas comunicacións desde o centro de Santiago cara ás parroquias de Teo e de Ames, coa creación dunha liña circular, e ampliaranse as frecuencias para facilitar o traslado desde Bertamiráns ao polígono Novo Milladoiro.
Itinerario e horarios da liña 6: San Marcos - Os Tilos
Ida | Volta |
San Marcos | Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro |
San Lázaro | Urbanización Os Tilos – rúa Carballo |
Valiño | Castiñeiriño |
Avda. Rodríguez de Viguri | Restollal |
San Caetano | Pontepedriña |
Pastoriza | Hórreo Estación |
San Roque | Hórreo |
Virxe da Cerca | Virxe da Cerca |
Praza de Galicia | Porta do Camiño |
A Rosa | San Pedro |
Ambulatorio | Concheiros |
Pontepedriña | Valiño |
Restollal | San Lázaro |
Castiñeiriño | San Marcos |
Urbanización Os Tilos – rúa Ameneiro | |
Urbanización Os Tilos – rúa Castiñeiro | |
Urbanización Os Tilos – rúa Carballo | |
Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro |
Ida | Volta |
Luns a venres laborables 7:00 7:20 7:35 De 7:50 a 22:50 (cada 20 min.) | De luns a venres laborables 7:10 De 7:20 a 23:00 (cada 20 min.) |
Sábados De 7:20 a 15:00 (cada 20 min.) De 15:00 a 23:00 (cada 30 min.) | Sábados De 7:20 a 15:20 (cada 20 min.) De 15:45 a 22:45 (cada 30 min.) |
Domingos e festivos De 7:30 a 23:00 (cada 30 min.) | Domingos e festivos De 7:15 a 22:45 (cada 30 min.) |
Itinerario e horarios da liña 12: Os Tilos - Hospitais
Ida | Volta |
Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro | Hospital Provincial |
Urbanización Os Tilos – rúa Carballo | Avda. Ferrol |
Castiñeiriño | Rosalía de Castro |
Restollal | Xoán Carlos I |
Pontepedriña | Senra |
Hórro Estación | Praza de Galicia |
Hórreo | A Rosa |
Senra | Ambulatorio |
Xoán Carlos I | Pontepedriña |
Rosalía de Castro | Restollal |
Santa Marta | Castiñeiriño |
Hospital Clínico | Urbanización Os Tilos – rúa Ameneiro |
Aparcadoiro Santa Marta | Urbanización Os Tilos – rúa Castiñeiro |
Hospital Provincial | Urbanización Os Tilos – rúa Carballo |
Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro |
Ida | Volta |
Luns a sábados laborables 7:15 8:30 9:55 11:20 12:45 14:20 | De luns a sábados laborables 7:50 9:15 10:40 12:00 13:30 15:05 |