A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello de Fornelos de Montes

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Emiliano Lage Rodríguez, os temas relacionados coa administración galega

Vigo, 30 de setembro de 2020

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, continuou hoxe en Fornelos de Montes a rolda de visitas que está a realizar aos concellos da área territorial de Vigo, tras reunirse o martes coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel.

Nun encontro que se desenvolveu nun clima de boa sintonía, a nova representante autonómica tivo a oportunidade de analizar co alcalde desta localidade, Emiliano Lage Rodríguez, e parte do seu equipo de goberno, os temas relacionados coa administración galega.

Neste senso, Lage valorou a importancia da figura da delegada territorial en cuanto facilita a coordinación entre os concellos e o Goberno galego. Pola súa parte, a representante autonómica tendeulle a man como interlocutora co executivo de Alberto Núñez Feijóo no marco desta política e xestión de proximidade.

Imaxes relacionadas