O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá un encontro coa alcalde de Bande, Sandra Quintas Vázquez

Xunta e Concello de Bande estudarán fórmulas para actuar na travesía urbana e mellorar a seguridade viaria

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá un encontro co alcaldesa de Bande, Sandra Quintas Vázquez, coa que abordou fórmulas de colaboración para levar a cabo as actuacións precisas a desenvolver na chamada travesía de Bande para mellorar a seguridade viaria neste treito de vía transferido no seu día ao concello.

Xunta e Concello estudarán fórmulas, tamén con outras administracións, para financiar o proxecto, que inclúe a mellora da seguridade viaria de interseccións, a continuidade de itinerarios peonís, medidas para a redución da velocidade, a reordenación do aparcamento e a mellora da accesibilidade e iluminación.

Outros dos asuntos abordados no encontro foi o da reforma do Mercado do Xurés, para a que a Xunta tamén se comprometeu. Trátase dun espazo destinado para a exposición e degustación de produtos da Baixa Limia, no que precisamente se van levar a cabo nos vindeiros meses obras de humanización no seu entorno.

Finalmente, o presidente e a alcaldesa tamén analizaron a situación do servizo de atención pediátrica no Concello, que se suprimiu temporalmente durante a covid, facendo que os usuarios se tiveran que desplazar a Celanova. Feijóo e Quintas coincidiron na necesidade de estudar que o servizo de atención pediátrica, que se prestaba un día á semana, volva a funcionar con normalidade no PAC de Bande.

Imaxes relacionadas