Política Social destaca a creatividade e a innovación da mocidade que participa do Santiago Street Battles

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a creatividade e a innovación da mocidade que participa no campionato de breakdance Santiago Street Battles, que ten lugar na capital galega este sábado. Este evento, dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos, está desenvolto pola Asociación Vella Escola e inclúese dentro do programa de axudas Iniciativa Xove.

O Goberno galego financia ao abeiro desta iniciativa 86 proxectos de diferente temática dirixidos e elaborados pola xuventude. Estas axudas contan cun orzamento global de 400.000 euros e benefician directamente a máis de 400 mozas e mozos como promotores de iniciativas.