A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza dun rego na parroquia de Sobrán, no Concello de Vilagarcía de Arousa
As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta que viña provocando obstrucións e desvíos do rego
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa
A Consellería de Infraestruturas mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dun rego na parroquia de Sobrán, en Vilagarcía de Arousa.
As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta que viña provocando obstrucións e desvíos do rego.
Estas tarefas tamén prevén tamén a eliminación de exemplares de canas que producen atoamentos no río.
As accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.