Un total de 38 centros educativos de Galicia impartirán o STEMbach neste curso 2020/21

Nove centros incorporan por primeira vez esta modalidade de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, que no pasado curso chegou a 558 alumnos

Este programa educativo inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación

A iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital (Edudixital 2020) e ten entre os seus obxectivos promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado, en conexión coa universidade e tendo en conta a perspectiva de xénero

Imaxes relacionadas