A Xunta de Galicia aplaude o esforzo constante de superación dos participantes no XXII Maratón Autonómico Special Olympics

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, aplaudiu hoxe a valía e o espírito constante de superación dos participantes no XXII Maratón Autonómico Urbano Special Olympics Galicia. Fíxoo durante a inauguración desta competición, que tivo lugar esta mañá no estado Verónica Boquete, de San Lázaro.

Fernando González tamén felicitou ás entidades organizadoras pola súa implicación e o seu traballo para facer posible este evento, que converte en protagonistas os deportes minoritarios e ás persoas con discapacidade. Neste sentido, sinalou que Special Olympics permite que “todas as persoas, independentemente das súas circunstancias, poidan demostrar do que son capaces”.

Imaxes relacionadas