A delegada territorial da Xunta reúne aos xefes territoriais para abordar os temas pendentes na área viguesa

Vigo, 23 de setembro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe cos xefes territoriais tras tomar posesión o pasado luns. Tal e como destacou a representante autonómica, tratouse dunha primeira toma de contacto para abordar os temas pendentes que afectan aos 14 concellos da área viguesa.

Asuntos que non lle son alleos a Fernández-Tapias posto que na anterior lexislatura ocupou o posto de directora de Administración Local, cargo que implica unha vinculación estreita cos concellos.

Segundo informou, manterá estas reunións con carácter periódico para axilizar ao máximo os asuntos que competen á Delegación Territorial viguesa.

Imaxes relacionadas