O presidente da Xunta participou na presentación virtual da novela Las Campanas de Santiago, de Isabel San Sebastián

Feijóo enxalza os valores de liberdade e entendemento que representa o Camiño de Santiago e que converten Galicia en xerme da unidade española e prólogo da europea

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe os valores de liberdade, tolerancia e entendemento que representa o Camiño de Santiago e que converten Galicia en xerme da unidade española e prólogo da europea.

Durante a presentación virtual da novela Las Campanas de Santiago, de Isabel San Sebastián, Feijóo aseverou que libros coma este mergullan ao lector na historia e tamén nos recordan que somos os últimos peregrinos dun longo periplo. “Detrás de nós hai moitos Tiagos e Mencías que nos precederon -dixo en alusión aos protagonistas-. Somos a súa consecuencia e nós seremos a causa de moitos galegos e españois que virán despois de nós. Convén non esquecelo para estar á altura en momentos de incerteza como o que nos toca vivir”.

O presidente do Goberno galego concluíu subliñando que, con este libro, Isabel San Sebastián lémbranos que a historia a fan os grandes personaxes, pero tamén seres anónimos cuxa vida ninguén recordou.

Imaxes relacionadas

Departamento:
A Presidencia da Xunta