Extinguido o incendio forestal rexistrado na illa de Ons, concello de Bueu

Segundo as últimas medicións, afectou 3,4 hectáreas rasas dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 16,59 h. o lume rexistrado a pasada a tarde na illa de Ons, no concello pontevedrés de Bueu.

Segundo as últimas medicións, o incendio afectou 3,4 hectáreas rasas dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Para o seu control mobilizáronse en total 6 axentes, 15 brigadas, 1 motobomba e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural