A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Permanecen activos cinco lumes en diferentes concellos da provincia de Ourense que en todos os casos superan as 20 hectáreas de afectación: Vilariño de Conso-parroquia de Sabuguido (80 ha), Laza-Camba (arredor de 40 ha), A Gudiña-Pentes (120 ha), Vilar de Barrio-Rebordechau (350 ha) e Lobios-Río Caldo (75 ha dentro do Parque Natural do Xurés)

Continúa estabilizado o lume rexistrado no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 25 hectáreas

Segue controlado o incendio no municipio lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que segundo as últimas medicións afecta 53,09 hectáreas
 

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

ACTIVOS

Vilariño de Conso
Continúa activo, desde as 02,22 horas desta madrugada, o lume do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 80 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 6 avións.

Laza
Segue activo desde as 20,29 horas de onte o incendio do municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, que está a evolucionar favorablemente e que afecta arredor de 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 2 pas e 4 avións.

A Gudiña
Dende as 20,47 h. de onte permanece activo, malia que cunha evolución favorable, o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 120 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 6 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Vilar de Barrio
Continúa activo, dende as 11,52 h. de onte, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 350 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 9 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 14 avións.

Lobios
Dende as 19,40 h. de onte está activo un lume no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie de arredor de 75 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 14 brigadas, 5 motobombas, 4 helicópteros e 3 avións.

ESTABILIZADO

Cuntis
Segue estabilizado, dende as 00,30 h. de hoxe, o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 25 hectáreas. No seu control lévanse mobilizado ata o de agora 3 técnicos, 9 axentes, 30 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións.

CONTROLADO

Quiroga
Continúa controlado dende as 20,27 h. de onte o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara o venres ás 00,03 h. Segundo as últimas medicións, afecta 53,09 hectáreas de superficie, das cales 34,12 son arboradas e as 18,97 restantes rasas. Para o seu control lévanse mobilizado 12 axentes, 38 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural