Activo un incendio forestal no concello lucense de Quiroga, parroquia do Hospital

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello lucense de Quiroga, parroquia do Hospital.

O incendio iniciouse ás 0:03 h. desta medianoite e, segundo as primeiras estimacións, supera as 20 hectáreas. Para a extinción do lume mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa e, a maiores, ao longo da mañá incorporaranse varios medios aéreos.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural