Acordo para a non celebración da Volta Ciclista a Galicia 2020

Equipos participantes, federación e secretaría xeral mantiveron un encontro esta tarde no que se acordou a non celebración da XIX edición da proba.

A decisión ven motivada pola ausencia dun protocolo se seguridade específico da proba, que ten de carácter estatal

Vigo, 9 de setembro de 2020-

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo esta tarde unha reunión coa federación galega de Ciclismo e os clubs afectados, ao fin de analizar a situación da Volta a Galicia 2020. Pese aos esforzos realizados ata a data actual, a proba, de carácter estatal e aberta á participación de equipos procedentes doutras Comunidades Autónomas, non contaba cun protocolo específico de seguridade polo que, atendendo tamén á situación epidemiolóxica dalgúns concellos contemplados no itinerario desta edición, os asistentes decidiron primar a protección da saúde dos deportistas, público e da poboación en xeral, fronte a competición deportiva.

O secretario xeral trasladou asemade aos equipos ciclistas que dende o departamento da Xunta de Galicia seguirán traballando para que o Consejo Superior de Deportes proceda á regulación das competicións de ámbito estatal, para o que, apuntou Lete Lasa, “terán como ata o de agora a máxima e leal colaboración das autoridades de Galicia, e do conxunto do deporte galego”.