A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe

Estabilizado o incendio no concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas, que afecta 65 hectáreas de superficie

Permanece estabilizado o lume -procedente de Portugal- no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira que afecta unhas 240 hectáreas

Segue controlado o lume no concello de Carnota, parroquia do Pindo, que afecta unha superficie de 70 hectáreas

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Cerdedo-Cotobade

Estabilizado desde as 12,45 h. o lume rexistrado esta madrugada no concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 65 hectáreas, das cales 20 son de arborado e 45 de monte raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 6 axentes, 14 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 6 avións e 3 helicópteros.

Carnota

Segue controlado dende as 18,03 h. de onte o lume que se iniciaba ás 7,33 h. da mañá no concello de Carnota, parroquia do Pindo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 70 hectáreas, das cales 7 son arboradas e 63 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 12 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 4 avións e 4 helicópteros.

A Mezquita

Estabilizado dende as 16,13 h. de onte o lume rexistrado no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que entrou por Portugal no mediodía do sábado. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 240 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 14 axentes, 32 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural