A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

Activo un incendio no concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas, que afecta unhas 20 hectáreas de superficie

Estabilizado o lume -procedente de Portugal- no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira que afecta unhas 240 hectáreas

Controlado o lume no concello de Carnota, parroquia do Pindo, que afecta unha superficie de 70 hectáreas

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Cerdedo-Cotobade

Activo desde a 1,44 h. desta madrugada un lume no concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 6 axentes, 11 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.

Carnota

Permanece controlado dende as 18,03 h. de onte o lume que se iniciaba ás 7,33 h. da mañá no concello de Carnota, parroquia do Pindo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 70 hectáreas, das cales 7 son arboradas e 63 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 12 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 4 avións e 4 helicópteros.

A Mezquita

Estabilizado dende as 16,13 h. de onte o lume rexistrado no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que entrou por Portugal no mediodía do sábado. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 240 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 13 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural